Vacas

Tourém é unha pequena aldea arraiana de case 200 habitantes, e posiblemente igual número de vacas. As vacas en Tourém pacen libres, como sempre se fixo e como ten que ser.

En Tourém acontece igual que cando entramos ou saímos das grandes cidades: temos que ter en conta as horas punta, pois nelas o tráfico se conxestiona e pódenos levar máis do previsto entrar, saír ou simplemente atravesar a aldea. de sucedernos algo así recomendo unicamente poñerse cómodos e disfrutar do espectáculo.