A beleza está no interior

Hoxe quérovos levar por terras arraianas, as que discurren entre Galicia e Portugal, e que casi por casualidade pertencen a un ou a outro, pois ó longo dos séculos a raia se foi movendo.

En concreto quérovos levar polo Val do río Salas, galego e portugués a un tempo, e polas aldeas de Tourém e Pitões das Junias. Para min trátase dun percorrido máxico, sempre me gustóu. Ascendes dos 500 metros do val do Limia ós casi 900 do Salas e todo cambia. Encántame as cores destas terras en tódalas épocas do ano. De repente ves que os picos da serra están ahí, ó alcance.

Cruzas o río e chegas a Tourém, e daste conta de moitas cousas, xa só o feito de que de súpeto o asfato pase a ser adoquín xa dice moito, e o coidada que está a aldea fan o resto.

Pasas Tourém, sigues subindo, e chegas a Pitões, e ahí xa tocas o ceo!