Cómo pasa o tempo! xa estamos rematando o ano, e toca irnos preparando para o que ven, o 2015, e qué mellor que facer un calendario!
Dito e feito! mimadriña.com máis eu seleccionamos sete das fotografías que máis nos gustaron do 2014. Este ano, para os dous o mar en xeral e a praia de Rostro en particular tiveron unha importancia especial, por iso decidimos entregar co calendario algo de aí: un pau! pero non é un pau calquera: trátase dunha creba, desas que o mar trae ás costas.
O calendario está á venda na tenda online de mimadriña, e tamén o podes encargar escribindo por correo electrónico a etelbande@gmail.com. Custa 12 € e ven cun pau recollido na costa e xa preparado cun corte feito a man para soster as follas.
As fotos do post son de Palmira e miñas.