Unha historia de barcos

Aínda que son de interior sempre me tirou o mar, de feito creo que o meu destino está marcado dalgunha maneira por barcos.

Hai once anos un barco de triste recordo para os galegos tróuxome de volta a Galicia cando eu andaba por terras irlandesas. Din que os naufraxios tamén traen cousas boas, e a min levoume a coñecer a praia de Rostro, na parroquia do Sardiñeiro, en Fisterra, e namoréi (non é difícil non facelo) dela pola súa bravura. Aquela vez  e na mesma parroquia, probéi a empanada de pan de millo e rechea de xoubas máis sabrosa que nunca probara.

Once anos máis tarde outro barco levoume a Rostro, desta vez tratábase de un barco de vapor que levaba preto de 90 anos soterrado na praia, e que este ano, coma se se tratase dun milagre, volveu a ver a luz tras varios meses de temporáis. E volvin namorar, máis desta vez da rapaza que me levou a ver este barco, que me falou da súa historia, que nacera nesta parroquia, e que era a neta da que me fixera a empanada de xoubas once anos atrás, e ademáis ela fai barcos…de papel.