A historia dunha bota laranxa

Pois ben, xa vistes que ultimamente andiven ás crebas, nun principio para facerlle fotos, pois en praias inmensas como a de rostro, a falta de modelo, se tes un elemento que fotografaar pois sempre mellor. De paso levei para a casa unha boia e un palét de boa madeira que algún día será unha mesa ou tal vez un cabeceiro para unha cama.

Xa vos falei  por aquí de  milagres relacionados coas cousas que aparecen nas praias. Pois ben, esta semana, como si se tratase dun destes milagres, ou dun sinal, volveume pasar algo curioso, moi curioso.

Fai exactamente 10 meses, o domingo de resurrección, fun á illa da Lobeira e alí había tirada unha bota laranxa, a cal cheguei a utilizar para facer fotos. Era unha bota do pé dereito, marca dunlop, e propia dun mariñeiro. Ademáis foi un deses días especiais, dos que quedarán marcados para sempre por ser un claro punto de inflexión na miña existencia.

O pasado domingo, domingo de piñata no calendario festivo, pese á chuvia, parei a facer fotos e ver a praia da Lagoa de Louro, e alí estaba, unha bota idéntica á que vira 10 meses antes! só que do pé esquerdo. Será casualidade? será un sinal?

As fotos, excepto a da bota do pé esquerdo, son de aquel luminoso domingo de hai 10 meses, e o que se ve na segunda foto son osos de balea.