A historia dun tesouro

Contan que había unha vez un ancián polaco que soñaba que na lonxana cidade de Praga, ó pé dun amieiro, estaba enterrado un tesouro, e que cando xuntou cartos para a viaxe foino buscar, e púxose a cavar dúas noites seguidas.  Un soldado que o vira cavando, preguntoulle que buscaba, e o zapateiro polaco dixolle que viña de moi lonxe e faloulle do seu soño. O soldado ríu, e contoulle que el soñaba con frecuencia que había un tesouro enscondido no sótano da casa dun zapateiro de Cracovia, e que non por eso ía ir ata alí. Entón o zapateiro polaco deixou de cavar e voltou á súa casa, buscar o tesouro que alí sempre estivera.

Pois si vos conto que a min me pasou algo parecido… eu de pequeno soñaba con atopar un tesouro, deses dos que agochan os mouros, ou un castro, un dolmen, un miliario romano… e buscaba, e miraba para as pedras buscando signos dese tesouro.

E anos despois saín a percorrer o mundo, e seguía buscando o tesouro, seguro de que o había de atopar, e fai xusto un ano fun a unha illa nada lonxana, a illa da Lobeira, e alí apareceu unha bota laranxa, O mesmo día levaronme a ver un barco que estivera enterrado máis de 80 anos, e ahí xa caín na conta de atopara o tesouro, que en realidade atopara 6 anos atrás falando dese lugar, e que dende entón sempre estivera preto de min, e posiblemente xa o estivera antes, pero foi o barco,o mesmo que estes días volveu aparecer, xusto un ano despóis…

O conto do ancián de Cracovia e un conto de Jorge Bucay, “o tesouro enterrado”, o outro é a miña historia, e é real: o tesouro chámase Palmira, e fai xusto un ano me acompaña na búsqueda de novos tesouros e facemos a nosa historia xuntos.