Porto de novo

Pois si, fai unhas semanas volvín a Porto, xa dicía da outra vez que quería volver…

E como xa no anterior post vos amosei bastantes fotos da cidade, hoxe quero destacar unha das cousas que máis me gusta desta cidade: as tendas. En Porto é fácil toparse con tendas únicas, con personalidade, que saben gardar o bo da tradición pero con modernidade. Escaparates coidados, interiores con madeiras vellas que seguen a lucir e cumprir a súa función.

Son tendas como o Coração Alecrim, a Vida Portuguesa, Central Conserveira Invicta, a tenda de maquetas de barcos de Naná da que namorou como é lóxico mimadriña… e tantas outras que quedan, polo que unha vez máis digo iso de que haberá que voltar…