O mellor camiño non sempre é o máis curto, a veces é mellor perderse un pouquiño, ir sen presas, baixar as ventás e sentir o aire fresco na cara, parar para ver as vistas, facer unha foto…ou unha merenda.
Chegar é importante, pero se podemos desfrutar do camiño sempre mellor. Gústanme as vellas estradas, as que se mezclan coa paisaxe sin rompelo, que suben e baixan montañas, flanqueadas ás veces de árboles xa de certo tamaño e que nalgúns casos xa foron antes vellos camiños, calzadas romanas.