Paseo de outono en Garabelos

Dicía hai pouco con certa nostalxia que se nos acabara o verán un pouco de súpeto, pero  chegou o outono e tamén ten o seu aquel. A luz volvese máis cálida, e a natureza vai mudando de cor, de paso nacen cogomelos por todos lados, caen as castañas e nas aldeas arrecende ó fume dos fogares.

Gústanme os paseos de outono, aínda non vai demasiado frío, e de paso podes volver á casa coa cesta chea para o xantar. Gústame cómo cheira nas mañás de outono na aldea: a mistura de fume e humidade que invita a dar un paseo e logo quentarnos un pouco a carón do lume.