O verán que remata

E de súpeto rematou o verán, así case sen avisar, e veñen adiantados os cogomelos, e a vendima ven pasada por auga.

Un verán este que está rematando cargado de recordos, de días de praia, de pozas, de xuntanzas, de bicos, de abrazos, tamén de chuvia, …de imaxes, algunhas xa foron aparecendo por aquí, outras quedan no recordo. Un verán intenso, tanto que pasou rápido, moi rápido, voando. Agora veñen días máis curtos e noites máis longas, tempo máis repousado para poñer en orde todo o vivido.

E virán novas cores, as follas mudarán do verde ó marrón, amarelo, vermello, e caerán, e virán veraniños, e máis chuvia, seguirán saíndo cogomelos, nas aldeas arrecenderá ó lume dos fogares, e xuntarémonos ó calor dese lume, lembrando os bos momentos vividos, e planeando outros que virán.