mans

Son as nosas extremidades superiores, con elas facemos a meirande das cousas, traballamos, comunicamos, sentimos. Tocar coas mans é unha das formas máis habituais de comunicación entre as persoas. Con elas facemos obras de arte, executamos música en instrumentos que previamente un artesán fixo coas súas mans.

A min gústame sentir o contacto físico do que teño cerca coas mans, gardo memoria do tacto de milleiros de obxectos, superficies. Gústame especialmente meter as mans en grandes cantidades de algo: de cereal, de area de praia, … e como non, meter as mans na masa, non sabedes ben qué placer me provoca!