De cidades e aldeas

Aínda que vivín máis en cidades, eu considérome máis de aldea, e de maior quero vivir nunha aldea, para min o rural representa a liberdade.

De pequeno pasaba os veráns en Garabelos, e para min aquelo era o paraíso, tanto era así que ata me gustaba o cheiro habitual a gando e bosta de vaca (e me sigue gustando). Sentíame como Heidi correndo polas montañas!

E como galego que son, son consciente de que Galicia é sobre todo rural, e ainda que hoxe en día moita xente vive en áreas urbanas, casi todo o mundo ten unha aldea.

Insisto, eu de maior quero vivir nunha aldea…en Galicia!