Empezou o ano novo, e chegou igual que marchara o pasado: cargado de luz!
Haberá que aproveitar pois a fonte de enerxía e coller forzas para facer cousas, si facer cousas! Normalmente está é a época dos propósitos, que está ben telos, pero tamén é necesario pasar ós feitos.
Eu espero que este ano que empeza sexa un ano de feitos, de cambios, de espertares. É necesario, precisamos que muden as cousas, creo que invertimos demasiadas enerxías en queixarnos e temos que facer máis por que as circunstancias muden. Penso en min e penso no que me rodea.
Déixovos cunha selección das fotos que fixen estes últimos días de 2014 e os primeiros de 2015, entre a Costa da Morte, a provicia de Ourense e o Gerês portugués.