Hoxe volvo falar dun lugar deses lugares que un descobre casi por casualidade namora a primeira vista. Falo da casa de Santa Uxía, unha casa de turismo rural situada nun entorno fermosísimo: a aldea de Santa Uxía de Ézaro, o pé do encoro do mesmo nome, xusto antes da cascada de Ézaro, famosa por ser a única de Europa que desauga no mar, … e a única que foi inaugurada por un político.
Cando coñecín ese lugar descubrín unha “costa da morte” de interior, de vales profundos e de verdes praderías. Parecía que estaba na provincia de Ourense ou na de Lugo. De feito, tanto nos gustou ese lugar que volvimos outro día de néboa a facer unha botadura de barquiñas de papel.
Fai pouco me pediron que lles fixera as fotografías para a páxina web da casa e do restaurante, que co nome de Landua abriu as portas fai moi pouco. E claro, con semellante entorno e coa tranquilidade que transmite a xente que a leva, volvín a ter durante os días que fixen o traballo a agradable sensación de que ir a traballar se convirta nun pracer.