Asfalto

Dende que empecei a escribir neste blog tento mostrar as cousas que me gustan, e que eu considero bonitas.

Fai uns meses alguén me preguntou si había sentido crítico nas miñas imaxes, e eu respondín que sen dúbida claro que había sentido crítico, e amosando o que me gusta é facil entender moitas veces o que non me gusta.

Hoxe vou falar directamente de algo que non me gusta: o asfalto nas aldeas. Paréceme de moi mal gusto, e desafortunadamente en Galicia é o máis habitual. O culmen de semexante desfeita vese sobre todo en épocas preelectorais como na que agora estamos: políticos de miras curtoplacistas comprando vontades con chapapote modelo prestige e gravilla, moita gravilla, desa que de nenos se nos clavava nas rodillas cando caíamos ó chan causando cicatrices que algúns ainda conservamos.

As fotos da desfeita son no barrio da Devesa, en Bande. A foto do chan con calzada de pedra é en Pitões das Junias, a moi poucos quilómetros…