A cámara é o de menos

Nestas datas nas que a moita xente lle sae a vena consumista, e coa escusa de agasallos de Reis ou Nadal, as cámaras fotográficas acábanse convertendo cada ano nun dos produtos estrela, e véndense coma churros. Moitas veces a min se me da por pensar na cantidade de cámaras de fotos regaladas nalgún impulso consumista  acabarían esquecidas en armarios sen máis uso que o dos primeiros días.

As veces escoito conversacións entre afeccionados á fotografía nas que o importante parece ser o aparello ou os trucos varios que se usan para procesar as fotos no ordenador, trátase moitas veces dunha conversa acerca de quén a ten máis grande, e nas que non se fala de fotografía.

E eu cada vez estou máis convencido de que o importante está no ollar, en saber apreciar o que temos diante, e a cámara é o de menos.

O sábado pasado ó levantarme atopeime con esta luz, e non puiden evitar sacar esta foto … co móbil