Neve

A neve ten a marabillosa propiedade de mudar as paisaxes que estamos afeitos a ver a diario dun momento para outro, a neve ademais trae luz e silencio.

Despois de nevar síntese menos o frío, o que resulta ideal para ir a desfrutar dela.

Aínda que eu vin moitas veces a neve, non me canso dela, e sempre que neva preto vouna buscar. Desta volta fun con Palmira, que nunca tanta vira. Fómola buscar ó Gerês, e atopámola na Portela de Pitões. E como non, fixemos dous bonecos de neve: un quedou alá, e o outro veu no coche durante máis de cinco quilómetros ata que acabou caendo, sabedes por qué? matóunolo unha rotonda!