Foise, saíu, e nunca máis volvéu. Deixóu todo no seu sitio, a chaqueta pendurada, a xerra da auga, a botella de viño quinado que lle daba calor antes de ir durmir. Quedaron tamén cartas e recordos metidos nun baúl, cartas que viñan de Bos Aires, que mandaban abrazos e que falaban de tempos pasados, de antes de botarse de menos.
Foise, e o tempo detívose naquel lugar, só o pó e as teas de araña foron medrando, o resto, todo sigue igual.