Lugares que inspiran: Quilmas

O outono regalounos uns días daquel verán que rematara tan de súpeto ahí atrás, e así puidemos volver a desfrutar do mar e voltar a un deses lugares que inspiran: Quilmas.

Quilmas é un pequeno porto mariñeiro que pertence ó Concello de Carnota, e que está moi pretiño da famosa fervenza do Ézaro, ó pé do monte Pindo. En Quilmas o semella que o tempo se detivo nunha época na que non se coñecía a especulación urbanística e o turismo de masas, e de feito dende a praia vese o esqueleto dun edificio de apartamentos, que quedou sen rematar, como advertíndonos de que non ousemos estragar tan idílico entorno.

Neste blog xa publiquei unhas cantas fotos deste lugar, e máis que publicarei, pois este é un lugar deses que inspiran: a beleza e a tranquilidade incitan á contemplación da paisaxe, e se és un tolo da fotografía como eu non podes resistir a facer fotos.

A outras dáselles polos cuadros con motivos mariñeiros, e tamén veñen a Quilmas a inspirarse, como é o caso de Palmira, de feito foi ela quen me descubriu este lugar. Aquí podedes ver o seu proceso inspirador contado por ela mesma, e de paso algunha das fotos que aparecen aquí en movemento.