Canastros

Canastros, hórreos, cabaceiros, espigueiros…en cada comarca de Galicia reciben un nome. Antigamente usábanse para gardar o millo, hoxe en moitos casos úsanse de almacén. Tan carácteristicos de Galicia, Asturias e o Norte de Portugal, máis non pensedes…eu tamén os vin en Bosnia e en Croacia!

Galicia está aínda chea destas fermosas construcións, pero por desgraza moitos se perden ano tras ano. Eu creo que é tempo de poñelos en valor, e isto non significa simplemente dicir qué bonitos son. Penso que hai que buscarlle usos. Xa poucos se utilizan para o que foron creados, por iso haberá que buscarlle outras utilidades para que non se abandonen e sigan lucindo o seu porte, con orgullo!

Eu teño un e vou poñer unha cama nel para durmir as sestas no vrao!