Un día de néboa en Sardiñeiro

Algúns sabedes que últimamente paso bastante tempo pola Costa da Morte. Moitas veces os que non somos de aquí temos unha imaxe gris, sombriza e escura desta comarca, e incluso moitos fotógrafos intentan plasmar esta imaxe a través de fotos con profundos contrastes de luces, ceos dramáticos, etcétera.

No meu caso estou estou rachando con este estereotipo, e vexo este recuncho noroccidental da nosa xeografía dun xeito moi luminoso, e con abundancia de cores: a auga con matices que van dende azul intenso a verde esmeralda, a vexetación, de diversos tonos de verde, as rochas salpicadas de musgos e liquenes de diversas cores…por non falar das barquiñas, omnipresentes por toda a costa, e de todas as cores imaxinables! tamén é verdade que aínda estamos no vrao e o estar ó lado dunha rapaza local moi luminosa axudan!

E aquí vos deixo unha mostra de unhas fotos sacadas nun paseo que demos hai uns días, nunha tarde de néboa, para que vexades que é verdade, que ainda con néboa hai moita luz e color!