intimidade

Momentos especiais, en soidade ou en compañía, que quedan para o recordo, sensacións vividas…

A intimidade en soidade está relacionada cos pequenos praceres privados, coa reflexión e o sosego: o café con un libro ou co xornal do día, sentarse na praia e enterrar as mans na area.

Cando é compartida son os bicos, os abrazos ou as caricias. Son momentos especiais cos nosos seres queridos.

Retratar a intimidade en todas as súas vertentes é un dos meus máximos retos como fotógrafo.