Hai certos lugares que para min teñen un algo especial que non sei moi ben explicar, son lugares habitualmente solitarios nos que o tempo parece adquirir outra dimensión, lugares que se prestan para pasear con calma ou simplemente para sentir a luz, a brisa, o tacto das herbas abaneadas polo aire.
Un destes lugares é a Praia de Traba, coa súa lagoa, dunas e cun longo paseo de madeiras desgastadas polo Sol e a sal, cunha vexetación que en outono e inverno adquire unhas cores cálidas que fan xogo perfecto ca area.
Conta a lenda que baixo as augas da lagoa hai unha antiga cidade sumerxida, Valverde. Agora só se escoita o aire, o mar e os paxariños.