sobre min

IMG_1283

De pequeno sempre imaxinéi que tiña unha cámara fotográfica nos ollos, e que podía inmortalizar aqueles momentos dos que gustaba, e así facía centos e centos de fotos imaxinarias, que quedarían grabadas nalgún lugar recóndito da miña cabeciña.

A miña primeira cámara de fotos tivena xa de maior, con 25 anos. Ese ano vivín en Praga, a primeira vez que vivía noutro país, e entón xa necesitaba rexistrar eses momentos de un xeito máis seguro. Era unha Praktica de segunda man, made in DDR, merqueina  nunha desas tendas especiais que para mín era como un museo que non me cansaba de visitar.

Logo de Praga viría Dublín, Bosnia, volvín a Praga, despóis Bratislava, Lhasa… Agora xa fai máis de cinco anos que estou en Galicia, e sigo inmortalizando momentos. Gústame captar a beleza das pequenas cousas.