Obxectos

A maioría das veces cotidianos, que aguantan o paso do tempo. Gústanme especialmente os vellos aparellos que se resisten a deixar de funcionar, teñen para min un romanticismo especial.

Eu sigo usando uns cantos destes, e ás veces ata me teñen dito que son moi vintage. Eu prefiro decir que simplemente non creo moito na obsolescencia das cousas, e que cando algo foi ben feito e ben deseñado é xusto coidalo e facer que dure, igual que facemos co amor.