Porto

Parece ser que o noso nome, Galicia ou Galiza, ven da denominación dunha das tribos que habitaban o que ata os tempos da conquista romana era aínda territorio non conquistado: os Kallaikoi, que estaban asentados ó pe da desembocadura do río Douro, no que hoxe é a cidade do Porto, que en tempos romanos se denominaba Cale ou Portus Cale, que deu á súa vez nome a Portugal.

Galimatías aparte, Porto é unha cidade que todo galego debería coñecer, e non só pola súa importancia histórica como cidade máis populosa da Galaecia, tamén pola súa proximidade e sobre todo pola súa beleza e a súa interesante vida cultural.

Eu estiven en Porto uns días e xa quero volver, de feito quedaron cousas por ver, recunchos por andar…e algún que outro pastel por comer!