Poñer a mesa

Xuntarse á mesa: non se fai só para comer, é un acto social, e polo tanto a atmosfera que se xenera pode chegar a ter máis importancia que a propia comida. Boa parte das xuntanzas entre amigos, familiares ou de traballo fanse en torno a unha mesa.

A min xa dende pequeno me gusta poñer a mesa. Ó ser o máis novo dos meus irmaos era habitual que se me encargase facelo. Gústanme os detalles dunha mesa, os manteles e servilletas, cristalería e vaixela, a propia mesa e as sillas, a luz que entra pola ventá…

Sempre tento evocar unha certa atmósfera atemporal, que me recorde a aquelas mesas da miña infancia, da festa da aldea nun día de verán, como a da segunda foto, do arquivo familiar.